O Iescha organiza un roteiro urbano sobre conservación

TerraChaXa
O Iescha, en colaboración co Mupav, organiza para o sábado 11 de xuño de 2022, un roteiro denominado Análise e interpretación.
ROTEIRO CONSERVACION VILALBA IESCHA PORTADA
7 Xuño 2022

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), en colaboración co Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba (Mupav), organiza para o sábado 11 de xuño de 2022, un roteiro denominado Análise e interpretación. Que psaaba en Vilalba? Que destruímos? Qu conservamos? dirixido por Eduardo Ramil.

A saída do roteiro está prevista para as 18:00 horas dende o Museo de Prehistoria e Arqueoloxía para percorrer Catro Camiños, Porta de Cima, Praza da Igrexa, A Ferrería, praza da Farola, Praza do Castelo ou da Feira ea Carretera.

Todas as persoas que desexen participar deberán mandar un correo electrónico ao enderezo do Iescha: estudoschairegos@gmail.com indicando o seu nome e o seu número de teléfono.

O parzo é ata o xoves 9 de xuño.

De haber máis solicitudes que prazas (25) levarase a cabo un sorteo, tendo preferencia os/as asociados/as ao Iescha.

0.1436288356781