O Iescha organiza unha excursión a Sober o 24 de outubro

TerraChaXa
O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha) foi admitido para participar no Programa Coñece a túa Provincia’2023, convocado pola Deputación de Lugo para realizar unha viaxe o martes 24 de outubro de 2023 á zona de Sober.
viaxe sober iescha portada
4 Oct 2023

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha) foi admitido para participar no Programa Coñece a túa Provincia’2023, convocado pola
Deputación de Lugo para realizar unha viaxe o martes 24 de outubro de 2023 á zona de Sober.

A viaxe ten saída dende a Casa da Cultura de Vilalba ás 9,00 horas, para comezar ás 10.00 cunha visita ao Mazo de Santa Comba. A continuación desprazaranse a unha adega en Amandi, visita á Rectoral de Gundivós, con demostración de olaría tradicional, visita a un miradoiro sobre o Canón do Sil.

A excursión será de balde e incluirá transporte, guía acompañante, xantar (menú pechado cun primeiro prato, segundo prato, sobremesa, café ou infusión e as bebidas indicadas o propio día da excursión), entradas aos lugares de visita e seguro de viaxeiros.

A organizaicón recomenda a todas as persoas participantes levar roupa e calzado cómodo/deportivo para a xornada de excursión.

O prazo de inscriciión xa está aberto para as 20 prazas das que consta a excursión. Esta deberá facerse antes do 16 de outubro ás 18.00 horas mediante un correo a estudoschairegos@gmail.com.

viaxe sober iescha

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18637490272522