O IESCHA organiza unha exposición de pintura que se inaugura o vindeiro venres

TerraChaXa
O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza a unha exposición de pintura de Carmen Gómez Mato e Manolo Santalla.
CARTAZ EXPO PINTURA portada
19 Ago 2023

O Instituto de Estudos Chairegos (IESCHA), coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza a unha exposición de pintura de Carmen Gómez Mato e Manolo Santalla. 

O acto de inauguración da mesma terá lugar o vindeiro venres 25 de agosto ás 20.00na sala de exposición do Auditorio Municipal de Vilalba. 

A exposición permanecerá aberta ao público, no horario estipulado para o Auditorio, dende o 25 de agosto ata o 30 de setembro. 

Na mostra poderanse contemplar arredor de 70 cadros. A metade serán de Carmen Gómez Mato cunha técnica óleo sobre lenzo e tablilla principalmente e un deles sobre corcho con tématica estilo costumbrista, marinas, xente con paraugas, trenes de vapor, retratos e outros.

Pola súa banda a metade correspondente a Manolo Santalla son con técnica de óleo e acrílico a pincel e a espátula con temática de paisaxes, marinas e bodegóns principalmente.

CARTAZ EXPO PINTURA
0.1866660118103