O Iescha organiza unha palestra con Alberte Ansede e inaugura unha mostra de Manuel María

TerraChaXa
Trátase dun proxecto da Casa-Museo Manuel María coa colaboración da Concellería de Cultura para achegar á cidadanía a figura, a vida e a obra de Manuel María
alberto-ansede-casa-museo-manuel-maria-portada
21 Out 2024

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), en colaboración coa Fundación Manuel María organiza unha palestra a cargo de Alberte Ansede, presidente da Fundación Manuel María. O acto terá lugar na Casa de Cultura de Vilalba, este venres ás 20.00 horas. No mesmo evento, levarase a cabo a inauguración da exposición, que permanecerá aberta ao público ata o día 15 de novembro de 2024.

Manuel María. Beleza, amor e compromiso (1929-2004) é un proxecto da Casa-Museo Manuel María coa colaboración da Concellería de Cultura para achegar á cidadanía a figura, a vida e a obra de Manuel María a través dunha exposición divulgativa que amosa de xeito ameno e gráfico a traxectoria vital e literaria do autor. A partir do venres 25 de outubro e ata o 15 de novembro poderase visitar na Casa da Cultura de Vilalba. Comisariada pola Casa-Museo Manuel María, esta mostra amosa por medio de dez paneis dun xeito ameno e gráfico a personalidade de Manuel María e a evolución da súa obra ao longo das distintas etapas vitais.

Ofrece tamén un completo folleto informativo sobre a figura, a vida e a obra do Poeta do Pobo. A exposición afonda, asemade, en aspectos relevantes como a identificación do escritor coa terra e a paisaxe, o seu compromiso coa lingua galega, a súa faceta de clásico e precursor da vizosa literatura infantil galega da que hoxe gozamos, a súa participación na vida política, a súa poesía intimista ou a variedade de xéneros literarios que abordou.

CARTAZ PALESTRA-EXPO MANUEL MARÍA
0.1401469707489