O Iescha prepara unha nova edición de Andando as Terras de...
O Instituto de Estudios Chairegos, continuando co desenrolo do programa de actividades do ano 2019, organiza para o domingo, día 16 de xuño, a XI Ruta Por Galicia adiante - Andando as Terras de... Betanzos - Ruta Fragas do Mandeo, tramo Zarzo - Chelo - Betanzos.
A saída do autobús hacia o inicio da ruta, realizarase dende as inmediacións da Casa da Cultura de Vilalba, e está programada para as 9:00 horas do domingo, 16 de xuño de 2019. O custo por participante fixouse en 25 euros e inclúe comida e autobús. Os menores acompañados pagarán 5 euros.
A saída de Vilalba será áss 9:00 horas dende a Casa da Cultura e a continuación seguirá por restos dobalneario de Bocelo, por Chelo e polos Caneiros e o remate da ruta será en Betanzos. Aproximadamente a ruta será de 8 km.
Sobre as 14:45 horas esá programado o xantar na Parrillada Chumi Churri na rúa Roibeira, 45, Betanzos, cun menú que constará de croquetas, churrasco de porco e becerro con ensalada e criollos, sobremesa, viño, café e licores.
As persoas interesadas en participar na ruta poderán inscribirse, como máximo ata o 13 de xuño, nos teléfonos: 686 451 501 e 651 361 628, comunicalo directamente a calquera membro da Xunta Directiva ou enviando unha mensaxe á conta de correo do Iescha.