O Iescha presenta este venres o poemario Mapa.gal

TerraChaXa
O acto contará coa presenza da propia autora, Eva Teixeiro, que estará acompañada por Marisa Barreiro e Sabela Seoane
presentacion-mapa-punto-gal
Cartel
12 Xuño 2024

O Instituto de Estudos Chairegos organiza o venres 14 de xuño, ás 20:00 horas, na casa da cultura de Vilalba, a presentación do poemario Mapa.gal, da profesora e escritora lucense Eva Teixeiro, quen sobre o libro comenta que supón “unha aposta pola palabra, esa matria que habita o silencio, mentres a música da choiva envolve a chaira”.

O acto contará coa presenza da propia autora, Eva Teixeiro, que estará acompañada por Marisa Barreiro e Sabela Seoane.

A entrada é libre ata completar aforo.

0.18967080116272