O Iescha presenta o estudo de Antón Baamonde sobre as empresas
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza o acto de presentación do libro Galicia, Distrito Industria. Conversas con Daniel Hermosilla, do filósofo e ensaísta Antón Baamonde.
O acto terá lugar o venres 26 de abril de 2024, ás 20:00 horas, na sala do Auditorio Municipal de Vilalba. Contará coa presenza de Antón Baamonde e Daniel Hermosilla e será presentado por Marisa Barreiro, presidenta do Iescha con entrada libre ata completar o aforo.
Galicia, Distrito Industrial intenta ofrecer unha certa cartografı́a desa nova xeneración de empresas e información sobre elas, pero tamén unha mirada proactiva, anticipadora. Daniel Hermosilla pon sobre a mesa, como exemplos inspiradores, os modelos piamontés, austrı́aco e bávaro. Son modelos dos que intenta extraer unha aprendizaxe.