O Iescha presenta un novo estudo de Francisco Rodríguez

TerraChaXa
O Iescha organiza o acto de presentación do libro Unha estapa estelar econflitiva de Galiza. A relevancia do Reino GalegoMedieval.
presentacion libro iescha francisco rodriguez
12 Xuño 2022

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha) organiza o acto de presentación do libro, coeditado pola Fundación Galiza Sempre e pola Asociación Socio- Pedagóxica Galega (AS-PG), Unha estapa estelar e conflitiva de Galiza. (a segunda metade do século XIV) – TOMO I A relevancia do Reino Galego Medieval, do que é autor Francisco Rodríguez.

O acto terá lugar o xoves, 16 de xuño de 2022, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, e será presentado por Marisa Barreiro, presidenta do Iescha.

Este libro sobre a etapa medieval de normalidade e esplendor do reino de Galiza e a crise da segunda metade do século XIV responde a un afán por combater a ignorancia colectiva sobre o noso pasado medieval e as deformacións e ocultacións sobre el.

É, en certa maneira, un traballo a favor da saúde mental colectiva da sociedade galega. Xurdiu da necesidade de colaborar a un coñecemento sobre a nosa historia, entre os séculos VIII e XIV, radicalmente confrontado coa ocultación e terxiversación do oficial dominante. É, pois, unha visión crítica do estado da cuestión e unha proclama a favor de descubrir o oculto ou manipulado.

O autor faino, analizando, debatendo e tirando conclusións, desde a historiografía oficial e académica e desde as fontes documentais existentes. Tamén desde a importante, malia ser considerada con frecuencia, historiografía que se ten esforzado xa desde o século XIX, por combater a manipulación que levou a ignorar a existencia relevante do reino de Galiza e a eliminarnos como realidade política específica na Península, para así mellor construír unha visión histórica ao servizo do castelanismo, primeiro, e do españolismo, despois.

Este Tomo I céntrase en evidenciar esa relevancia incuestionábel, para logo (Tomo II) entrar na análise dun momento estelar e conflitivo, segunda metade do século XIV, cuxo desenlace tivo transcendencia para o noso futuro.

0.12290406227112