O Iescha proxecta en Vilalba 'O último de Arganeo'

TerraChaXa
O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), organiza a proxección do documental O último de Arganeo o xoves na casa da cultura
el ultimo de arganeo documental guitiriz portada
20 Jun 2023

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), con apoio da Área de Cultura-Vicepresidencia da Depuatción de Lugo, organiza a proxección do documental O último de Arganeo, de David Vázquez, e terá lugar na Casa da Cultura de Vilalba, o xoves 29 de xuño de 2023, ás 20:30 horas. Contarán coa presenza do seu director, David Vázquez.

Despois de levar a vida de estudante en Ponferrada, Edilberto Rodríguez, de 24 anos, decide volver ao monte e dedicarse a pastorear un rabaño de cabras. Co recordo dos seus avós moi presente, O último de Arganeo recolle a historia de Edilberto, un mozo pastor orgulloso da herdanza dos seus antepasados, e que reivindica as tradicións de lugares deshabitados e as lembranzas dunha forma de vida ao borde da extinción.

DAVID VÁZQUEZ

Técnico de son en CEV (Madrid), Dirección de Cine, Vídeo e Televisión en Funiber (Barcelona), traballou en son directo, en CTV para TVG 3 anos como técnico de son e cámara.

En 1998 foi un dos fundadores de Chantada Comunicación, unha das primeiras tv locais de Galicia, cámara da serie Cabodomundo a primeira serie de ficción gravada por unha televisión local (Televinte Chantada). Na actualidad é freeelance audiovisual como Pinancho Audiovisuais. (https://aguilarfilmfestival.es).

12 proxeccion vilalba ultimo arganeo
0.15455293655396