O Iescha proxecta este sábado o film de Jorge Coira e Luis Tosar 'Código Emperador'

TerraChaXa
O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha) organiza a proxecciónda película CÓDIGO EMPERADOR, de JORGE COIRA.
codigo emperador jorge coira portada
21 Jun 2023

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película Código Emperador, de Jorge Coira, continuando así coa programación do Ciclo Mestre Mateo, que durante o ano 2023
brinda a oportunidade de poder disfrutar das películas finalistas (documentais e longametraxes) dos XXI Premios Mestre Mateo.

Esta segunda proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o sábdo 24 de xuño de 2023, ás 20:00 horas.

SINOPSE

Juan traballa para os servizos secretos; co fin de ter acceso ao chalet dunha parella implicada no tráfico de armas achégase a Wendy, a asistenta filipina que vive na casa e establece con ela unha relación cada vez máis complexa. En paralelo, Juan realiza outros traballos “non oficiais” para protexer os intereses das élites máis poderosas do país, que agora puxeron a vista en Ángel González, un político aparentemente anodino cuxos trapos sucios deberá buscar ou “inventar” coa axuda de Marta, a filla dun recoñecido actor.

codigo emperador jorge coira
0.18193602561951