O Iescha proxecta este xoves en Vilalba 'O corpo aberto'

TerraChaXa
O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película O corpo aberto, de Ángeles Huerta, continuando así coa programación do Ciclo Mestre Mateo que durante o ano 2023 brindou a oportunidade de poder desfrutar das películas finalistas (documentais e longametraxes) dos XXI Premios Mestre Mateo.
proxección o corpo aberto A Pobra
29 Nov 2023

Esta é a oitava e terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba este xoves, 30 de novembro, ás 20:30 horas.

1909. Miguel, un mestre novo, é destinado a unha pequena vila de montaña na fronteira entre España e Portugal: Lobosandaus, unha aldea inhóspita e de tradicións ancestrais. É un home de razón, pero non pode controlar os seus desexos pasionais e, conforme se achega o inverno, sente como a escuridade se apodera de todo ao seu redor á vez que crece a súa fascinación pola enigmática Dorinda. Nun lugar dominado pola superstición, a estraña morte dun veciño da aldea libera un espírito en busca dun corpo que lle permita seguir coa súa existencia, que levará a Miguel a cuestionar os límites entre o mundo dos vivos e o dos mortos.

o corpo aberto iescha vilalba
0.20563197135925