O IESCHA proxecta o documental 'Santa Liberdade' de Margarita Ledo

TerraChaXa
O Instituto de Estudios Chairegos ten programado para o vindeiro venres, día 29 de setembro de 2017, ás oito e media do serán, no Auditorio Municipal de Vilalba, a proxección da película documental SANTA LIBERDADE, con guión e dirección da chairega Margarita Ledo Andión que estará presente no acto para ver e comentar a proxección.
27 sep 2017

O Instituto de Estudios Chairegos ten programado para o vindeiro venres, día 29 de setembro de 2017, ás oito e media do serán, no Auditorio Municipal de Vilalba, a proxección da película documental SANTA LIBERDADE, con guión e dirección da chairega Margarita Ledo Andión que estará presente no acto para ver e comentar a proxección.

Sinopse
1961: o trasatlántico Santa María que fai a rota Venezuela-Galiza, é asaltado por un comando do DRIL –Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación- para chamar a atención encol das Ditaduras de Franco e Salazar. Trece días, trece noites, o navío muda o seu nome polo de SANTA LIBERDADE e pasa a ser escenario dalgúns acontecementos que definen o ventre do século. Tres membros do comando reencóntranse por primeira vez para ser os personaxes centrais do filme.

Está rodada en catro idiomas: galego, portugués, inglés e castelá, linguas que conflúen nesta fábula babélica.

Margarita Ledo
Margarita Ledo Andión (Castro de Rei, 5 de febreiro de 1951) é directora cinematográfica, escritora e profesora catedrática de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela. Doutora en Ciencias da Comunicación pola Universitat Autónoma de Barcelona. Foi investigadora asociada no Département d’Etudes Cinematographiques et Audiovisuelles, Université Paris 8; Department of Theatre, Film and Tv Studies, University of Wales-Aberystwyth: Département de Sciences de l’Information et de la Communication, Université de Haute Bretagne, e no Dublin Institute of Technology. Preside a Federación Lusófona de Ciencias da Comunicación (LUSOCOM) e a Asociación Galega de Investigación en Comunicación (AGACOM). Forma parte da Comisión Executiva da Asociación Española de Investigación en Comunicación (AEIC) e do Consello editorial das revistas científicas A Trabe de Ouro (Sotelo Blanco Edicións, Compostela) e Trípodos (Universitat Ramón Llull, Barcelona).

0.18466782569885