O Iescha proxecta o film 'Aurora' dentro do ciclo Mestre Mateo

TerraChaXa
A sexta proxección deste ciclo terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o domingo 28 de setembro, ás 20:00 horas
cartel-aurora-mestre-mateo
27 Sep 2025

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), en colaboración coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Academia Galega do Audiovisual e o Concello de Vilalba, organiza a proxección da longametraxe documental Aurora, dirixida por Area Erina. Esta iniciativa enmárcase no Ciclo Mestre Mateo 2025, que durante os próximos meses ofrecerá ao público a oportunidade de gozar das películas finalistas, tanto documentais como longametraxes e curtas, dos XXIII Premios Mestre Mateo.

A sexta proxección deste ciclo terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o domingo 28 de setembro, ás 20:00 horas. O documental narra a relación entre Aurora e Area, dúas mulleres procedentes de mundos completamente diferentes e cunha grande diferenza de idade, que establecen un vínculo de intimidade, confianza e profundas conversas arredor da morte, a familia, a guerra e o papel da muller. Esta cita supón unha nova oportunidade para achegarse ao mellor do audiovisual galego e descubrir historias que convidan á reflexión e ao diálogo.

⚙ Configurar cookies
0.11441802978516