O Iescha proxecta o film 'Honeymoon' dentro do ciclo Mestre Mateo

TerraChaXa
A nova proxección deste ciclo terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o mércores 15 de outubro, ás 20:30 horas
honeymoon-mestre-mateo
11 Oct 2025

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), en colaboración coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Academia Galega do Audiovisual e o Concello de Vilalba, organiza a proxección da longametraxe documental Honeymoon, dirixida por Enrique Otero. Esta iniciativa enmárcase no Ciclo Mestre Mateo 2025, que durante os próximos meses ofrecerá ao público a oportunidade de gozar das películas finalistas, tanto documentais como longametraxes e curtas, dos XXIII Premios Mestre Mateo.

A oitava proxección deste ciclo terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o mércores 15 de outubro, ás 20:30 horas.

Eva e Carlos son un matrimonio en destrución. Unha parella en ruinas. Só Jonás, o fillo que un día tiveron xuntos, mantennos unidos. Quizais unidos non sexa a palabra. Agora Jonás acaba de morrer nun accidente absurdo a miles de quilómetros de casa, nos Estados Unidos, durante unha visita aos avós paternos, e a Eva e Carlos xa non os une nada. Só a necesidade case física de repatriar o cadáver do seu fillo. Só a necesidade case física de perderse de vista, e para sempre, despois.

⚙ Configurar cookies
0.099045991897583