O Iescha proxecta o venres 23 o documental Xorima

TerraChaXa
O venres 23 de setembro de 2022, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, terá lugar a preestrea da curtametraxe Xorima.
CARTAZ PREESTREA XORIMA VILALBA PORTADA
15 sep 2022

O venres 23 de setembro de 2022, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, terá lugar a preestrea da curtametraxe documental Xorima (30min), dirixida por Sofía Naseiro, que traza unha liña sobre a historia do grupo e do contexto social e cultural dos anos 80 en Galicia, describindo o reencontro dos membros da primeira formación de Xorima. É unha homenaxe a Xorima, pero tamén a toda a música folk e a cultura galega que emerxía despois da represión social e cultural da ditadura. Unha homenaxe a todas as persoas que fixeron país.

O documental está enmarcado no Proxecto Xorima, un proxecto transmedia en colaboración co Instituto de Estudos Chairegos para homenaxear e reivindicar a importancia deste grupo a través de distintos medios e plataformas. Toda a información relativa ao proxecto está dispoñible na páxina web https://proxectoxorima.com.

CARTAZ PREESTREA XORIMA VILALBA
0.17928504943848