O Iescha proxecta o venres o filme 'Longa noite'

TerraChaXa
O venres 10 de xaneiro de 2020, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película Longa noite, do director Eloy Enciso.
Captura de pantalla 2020 01 05 a las 19.36.56
7 Jan 2020

O venres 10 de xaneiro de 2020, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película Longa noite, do director Eloy Enciso.

O filme está ambientado durante a posguerra española. Anxo regresa ao seu pobo no interior de Galicia. Alí crúzase con outros personaxes, gañadores e vencidos dunha España dividida: unha viúva que non quere lembrar, un comerciante que emigra, un prisioneiro republicano que describe o seu calvario. A entrega dunha carta obriga a Anxo a cruzar a fronteira e adentrarse no longa noite franquista. As pantasmas que todos crían esquecidas invaden o presente.

Trátase dun retrato do impacto íntimo dunha guerra atravesado pola súa memoria literaria: Max Aub, Luis Seoane, Alfonso Sastre, Ramón de Valenzuela, Rodolfo Fogwill.

CARTAZ LONGA NOITE
0.16757297515869