O Iescha proxecta o xoves unha nova película do ciclo Mestre Mateo

TerraChaXa
Será as 20.00 horas no auditorio municipal para ver 'Chichí e máis eu'
chichi-e-mais-eu
15 Out 2024

O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha), en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, coa Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo e co Concello de Vilalba, organiza a proxección da película documental Chichí e máis eu, de Nico Campos, continuando así co Ciclo Mestre Mateo que durante o último trimestre do presente ano 2024 brindaranos a oportunidade de poder desfrutar das películas finalistas (documentais, longametraxes e curtas) dos XXII Premios Mestre Mateo.

Esta terceira proxección terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba o xoves 17 de outubro, ás 20:00 horas.

SINOPSE

Cando alguén morre, sempre quedan preguntas sen facer. Aquí percorremos a vida e a obra de Xesús “Chichi” Campos, pioneiro do cómic galego, loitador antifranquista, galerista e humorista. unha das figuras máis esquecidas da cultura galega, E que cando morreu, deixou a un fillo que só tiña once anos e moitas preguntas, que trinta anos despois, responde neste documental.

0.23055696487427