O Iescha proxectará Dhogs en Vilalba o 9 de xuño

TerraChaXa
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, realizará o sábado 9 de xuño, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, a proxección da película Dhogs, dirixida polo meirense Andrés Goteira.
dhogs copia 3_portada
4 Jun 2018

O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, realizará o sábado 9 de xuño, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, a proxección da película Dhogs, dirixida polo meirense Andrés Goteira.

Na presentación do filme, antes do seu visionado, intervirán o seu director, a xefa de comunicación e produtora, Laura Doval, e o produtor e actor Suso López, que explicarán aos asistentes os pormenores do filme que tantos premios e galardóns está a conseguir.

Dhogs é unha longametraxe de ficción Made in Galicia formada por moita xente e que medra dende o rural galego. A tales efectos únense novas tecnoloxías, novas formas de traballo e un motivado equipo.

O filme conecta 6 tramas que alternan a intriga, a obsesión e a sensualidade. Unha película de historias paralelas que xiran en torno a unha serie de peculiares personaxes: Unha fermosa muller, un home de vida escura, un taxista e un vello ex-militar.  

As novas produtoras galegas Gaitafilmes e Pixel films xuntan as suas forzas para sacar adiante este proxecto cinematográfico. Melania Cruz, Miguel De Lira, Iván Marcos, Carlos Blanco, Antonio D. “Morris” ou María Costas…, son algúns dos nomes que forman o reparto da película

dhogs copia 3
0.16367197036743