O Iescha proxecto o documental 'A cidade da selva'
O venres 2 de xuño de 2023, ás 20:00 horas, no auditorio municipal de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, en colaboración co Concello de Vilalba, organiza unha nova actividade cinematográfica coa proxección do documental A cidade da selva, fuxidos e guerrilleiros nos montes de Casaio, do director Miguel Riaño Roa, que estará presente no acto para coloquio.
A reserva de entradas, que son gratuítas, pode facerse na páxina https://entradasvilalba.es. Así mesmo, pódese facer esta xestión na Casa da Cultura ou, o mesmo día da proxección, na billeteira do Auditorio.
Ciudad de la Selva conta a historia dos fuxidos do réxime franquista en torno á poboación galega de Casaio. Nestes montes exponse unha resistencia activa contra o fascismo grazas ao apoio de membros das comunidades locais, mentres son perseguidos polas forzas da Garda Civil. En Ciudad de la Selva exponse, a través dunha análise historiográfica, arqueolóxica e testemuños de prota-gonistas dos feitos, o estudo das causas que levaron a crear este enclave de resistencia, de igual modo que os medios dos que se valían para subsistir, como afectaban os seus actos aos civís da localidade ou o papel da muller dentro da guerrilla.