O Iescha rende homenaxe a Manuel María cunha ofrenda e un concerto

TerraChaXa
A primeira terá lugar o domingo 8 e a actuación de Branca Villares será o 14
homenaxe-a-manuel-maria-programa
6 Sep 2024

Coma todos os anos por estas datas, o Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, organiza os Actos da Cultura Chairega, en homenaxe a Manuel María, coincidindo neste 2024 co seu XX Cabodeano.

Así, este domingo 8 de setembro, ás 13.30 horas terá lugar no espazo Manuel María con entrada de balde unha ofrenda floral ao pé da súa escultura, así como un recital poético popular, aberto a toda a xente que queira participar con poesías, cancións ou calquera outro texto relacionado co gran poeta chairego.

Ademais, o sábado 14 de setembro, ás 20:00 horas, no auditorio municipal terá lugar un concerto de Branca Villares.

A entrada será de balde pero haberá que facer a correspondente reserva ben na páxina web do Concello, ben na Casa da Cultura de Vilalba.

0.15392804145813