O Iescha renova directiva e aproba as contas
O Instituto de Estudos Chairegos (Iescha) celebrou a asamblea anual na que se acordou o cambio de directiva para os próximos catro anos e na que moitos teñen continuidade. Así, Marisa Barreiro seguirá como presidenta e Sabela Figueira Tenreiro será vicepresidenta.
Completaron a candidatura, a única que se presentou, Arturo Gómez Mato como secretario, Xose María Felpeto Enríquez vicesecretario, Constantino Alvite Muinelo tesoureiro, ademais de sete vogais.
Barreiro agradeceulle aos membros saíntes ou seu "traballo e compromiso co Iescha" e apuntou que as portas da entidade están sempre abertas para escoitar propostas ou recibir novos membros.
O Iescha aproveitou a reunión para facer a súa asemblea ordinaria, na que se repasaron as actividades e os balances económicos dos anos 2019 e 2020 ademais de presentarse os orzamentos e a programación prevista para este 2021.