O Iescha solicitará que os xardíns da rúa Calvario leven o nome de Rosalía de Castro

TerraChaXa
O Iescha solicitará ao Concello que o xardín situado na intersección da rúa Calvario coa rúa Rouco Varela leve o nome de Rosalía de Castro.
xardins calvario rouco varela
9 sep 2021

O Instituto de Estudos Chairegos Pena do Encanto de Vilalba solicitará ao Concello de Vilalba que o xardín situado na intersección da rúa Calvario coa rúa Rouco Varela leve o nome de Rosalía de Castro, unha das figuras senlleiras das letras galegas.

Este acordo foi tomado na reunión do colectivo celebrada onte, acordo que figura entre os asuntos da orde do día a tratar.

O colectivo realizará a proposta formal no Concello. Este mesmo grupo cultural vilalbés solicitou en varias ocasións que a casa da cultura local leve o nome de Manuel María. A proposta foi rexeitada no Pleno cos votos en contra do Partido Popular.

Tamén, o día 4 o Iescha inaugurou a escultura do poeta realizada por José Gómez de Bernardo e que foi doada polo colectivo cultural ao pobo de Vilalba. Trátase dunha talla en granito a tamaño real que mira ata a propia casa da cultura e dá as costas á rúa dos Pepes.

0.1636209487915