O Igape cursou case 600 axudas na provincia no 2017

TerraChaXa
Durante 2017 o Igape en Lugo resolveu 571 solicitudes de apoio, nos distintos programas, que permitiron mobilizar preto de 17 millóns de euros.
balanceigape
2 Mar 2018

Durante 2017 o Igape en Lugo resolveu 571 solicitudes de apoio, nos distintos programas, que permitiron mobilizar preto de 17 millóns de euros. Así outorgou axudas directas por valor de 3,6 millóns de euros, concedeu préstamos a empresas por valor de 1,8 millóns de euros e avais ao tecido empresarial da provincia por importe de 516.250 euros.

Esta axencia, adscrita á Consellería de Economía, Emprego e Industria, ten como misión apoiar todas as actividades que contribúan a mellorar o sistema produtivo galego, facilitando os procesos de creación, consolidación e crecemento de empresas. Para iso utiliza distintas ferramentas: desde apoios económicos directos (axudas, avais e préstamos) ata distintas labores de asesoramento.

Na presentación do balance anula, o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, tamén destacou as liñas dirixidas exclusivamente a particulares, dentro do programa para adquisición de material e pezas de cociña e baño, nas que participou o IGAPE tamén como compromiso coa revitalización dos profesionais e do sector dos materiais de construción. Foron na nosa provincia 391 solicitudes, con 233.000 euros en axudase e máis de 1,2 M€ de impacto directo, grazas á compra do material.

Balseiro presentou tamén o novo mapa de apoios do Igape, unha nova guía dirixida a autónomos, emprendedores, pemes e grandes empresas que recolle nun único documento todas as axudas que a Xunta, a través do Igape, ofrece ao tecido empresarial galego, tanto os apoios e recursos como o calendario das convocatorias para que se poidan planificar.

“O Goberno galego non quere que ningunha iniciativa empresarial quede sen desenvolver por falta de axudas. E para iso é indispensable coñecelas. E, por iso, o Mapa aglutina os apoios dispoñibles para a creación de empresas, para o seu crecemento e consolidación, para a súa expansión internacional, así como as ferramentas para axudarlles no seu financiamento”-dixo Balseiro.

Con estes instrumentos, a Xunta trata de seguir contribuíndo a que Lugo sexa capaz de seguir medrando e xerando emprego de calidade. Todos estes apoios sumados á nova Lei de implantación empresarial permitirá crear o clima propicio para o desenvolvemento das empresas.

“Inclúe axudas para apoiar ademais todo tipo de empresas: desde as de nova implantación, como para aquelas que xa existen, queren medrar ou precisan dun apoio puntual para superar unha situación de dificultade. Buscamos facer de Lugo un lugar máis propicio para crecer”-rematou.

Consulta o balance detallado neste enlace

0.17789888381958