O IGVS fai unha oferta pública á compra de inmobles en Mondoñedo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Instituto Galego da Vivenda e Solo publicou no DOGA unha resolución do 4 de xuño de 2020 pola que acorda realizar unha oferta pública de adquisición, mediante compra de inmobles situados no Conxunto Histórico de Mondoñedo e no Barrio de Os Muíños para a construción de edificios de vivendas ou para a súa rehabilitación ou renovación para vivendas de protección oficial de promoción pública co fin da mellora e conservación e recuperación do patrimonio por un importe total de 300.
Pablo Veiga
10 Xuño 2020

O Instituto Galego da Vivenda e Solo publicou no DOGA unha resolución do 4 de xuño de 2020 pola que acorda realizar unha oferta pública de adquisición, mediante compra de inmobles situados no Conxunto Histórico de Mondoñedo e no Barrio de Os Muíños para a construción de edificios de vivendas ou para a súa rehabilitación ou renovación para vivendas de protección oficial de promoción pública co fin da mellora e conservación e recuperación do patrimonio por un importe total de 300.000 euros.

Listaxe de rúas para as ofertas

Rúa José María Pardo, avenida. San Lucas, rúa Leiras Pulpeiro, praza San Xoán, rúa Febrero, rúa Peña de Francia, rúa Lence Santar, rúa Pacheco, rúa da Riqueira, rúa da Fonte, Rúa Álvaro Cunqueiro, Calexón de Pardiñas, Calexón Congruas, Calexón de Leña, rúa San Roque, rúa Muíños de Abaixo, rúa Muíños de Arriba, rúa Moscas, avenida Bos Aires, Eladio Lorenzo, rúa Casas Novas, rúa Imprenta, rúa Pascual Veiga, rúa da Ponte, praza da Catedral, rúa Pardo de Cela, Travesía Entre rúas, rúa Alfonso VII, rúa Progreso, rúa Concepción, praza do Concello, rúa Andrés Baamonde, rúa Lodeiro Piñeiroa, rúa Guevara, rúa Julia Pardo Montenegro, rúa Rocha de Velez, rúa Bispo Sarmiento e rúa Os Castros.

0.18051910400391