O II Aberto do Castiñeiro xogouse nun domingo desapacible que trocou nunha exitosa xornada

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O II Aberto do castiñeiro xogouse nun domingo desapacible que ameazaba choiva malia foi trocando e converténdose nunha exitosa xornada.
billarda II aberto castineiro 2023 pacios 4
30 Mar 2023

Por Daniel Rodríguez Saavedra da Asociación O Varal.

No campo de fútbol de Pacios, disputouse a décima xornada da LNB NorLeste, o II Aberto do Castiñeiro, nun domingo desapacible que ameazaba choiva mais que a modiño foi trocando e converténdose nunha exitosa xornada billardeira.

Xuntáronse en total sesenta e cinco palanadores de tódalas idades (tres cativos, quince donas e corenta e sete homes). As puntuacións, agás pequenas excepcións, foron bastante acordes a gran calidade da maioría de palanadores.

A guinda púxoa Santi de Carabullo con cuasipleno de vintecatro puntos. Figura clasificado pouco mais arriba da metade da tabla, mais de non ter faltado a gran parte dos abertos, estaríamos ante un dos líderes da tempada.

Segundo foi “o mago de Castropol” David Navallo de Troitas Bravas e terceiro unha das xovens estrelas de Madia Leva, Diego, que superou nun emocionante desempate a todo un veterán como é Sachas de Troitas Bravas.

Na categoría de donas estréase no podio Cris dos anfitrións Castiñeiro Milenario, seguida das Billardeiras Musicais, Aroa e Dori.

En infantís, Diego subiu novamente o podio como gañador acompañado dos compañeiros de equipo de Madia Leva, Mateu e Maré.

Por equipos dominaron Carabullo e Troitas Bravas, que empataron a puntos sendo gañador os primeiro por mellor puntución individual do gañador da xornada. Terceiro foron os de Madia Leva.

Moi boa a organización da Asociación Castiñeiro Milenario para este aberto que culminou ca entrega dos sabrosos agasallos que o remate do aberto entregaron os gañadores.

A vindeira xornada o sábado 8 de abril en Bretoña.

As clasificacións logo desta xornada quedan deste xeito:

Individual:

  • Charli (Carabullo) 212 p.
  • David Navallo  (Troitas Bravas) 177 p.
  • Sachas (Troitsas Bravas) 174 p.

Donas:

  • Aroa (Billardeiros Musicais) 130 p.
  • Geni (Billardeiros Musicais) 113 p.
  • Irea (Carabullo)   88 p.

Equipos:

  • Troitas Bravas (A Pontenova) 778 p.
  • Carabullo (Ponte de Outeiro) 745 p.
  • Billardeiros Musicais (Ribadeo) 720 p.
0.14781403541565