O impulso á música tradicional e local nas festas vilalbesas

TerraChaXa
Os pasarrúas e os concertos para todos os gustos son o prato estrela das festas
buxos-verdes6
Buxos Verdes
22 Ago 2024

As festas de San Ramón e Santa María contan cun programa cheo de música e baile do máis variado, para que os veciños da localidade de todas as idades desfruten do que máis lles gusta.
Entre as propostas musicais deste ano atópase o concerto de Dúbida, un grupo que ofrece música cargada con moi boas vibras, mesturando ritmos para ofrecer un son propio, ou os irmáns Shera & Sile co seu rap. Estes son os concertos inaugurais das festas, este xoves.

Non podía faltar a tradicional Banda de Música de Vilalba, que leva animando as rúas da localidade desde 1991, cando se fundou co obxectivo de difundir e promocionar a música de bandas. A día de hoxe, seguen promovendo concertos en diferentes espazos e eventos, como son as Festas do San Ramón ou, tamén, en toda a xeografía galega, Asturias, Castela e León e Portugal.

Continuando coas actuacións musicais deste ano está, da man do proxecto Emprazadas, Tanto Nos Ten, un grupo folk revelación da música tradicional galego e caracterizado por combinar no seu repertorio música e letras da súa propia autoría con cancións populares, de escarnio, de humor, comprometidas co país. Un grupo dinámico e divertido cuxas cancións están dotadas dun forte ton xocoso e irónico para describir situacións da vida cotiá.

Essenza Quartet será outro dos protagonistas encargados de amenizar as patronais e o fará ao principio de semana, o luns dous de setembro. Tamén contase con Cántigas e Frores que, aínda que son novos, detrás deles está todo o peso dunha das asociacións de música tradicional máis antigas de Galicia; e Tres Pesos: A música é matemática e a matemática deste trío devolve nesta ecuación un resultado entrañable.

Ademais, os oficios relixiosos estarán acompañados da Coral Polifónica e da Coral Luar, que xa estivo o ano pasado na Xira dos Maiores.

ENTRE LUSCO E FUSCO. (Sábado 31 despois da misa das 120.00).

Entre Lusco e Fusco é un grupo de baile, canto e música tradicional que remonta a súa orixe ao ano 1990. Ao longo destes 32 anos de percorrido, os membros da asociación tiveron a posibilidade de acudir á televisión de Galicia, de facer intercambios culturais tanto na nosa comunidade autónoma como fora dela, actuar en distintos eventos, actos e festividades da comarca da Terra Chá, ademais de participar na vida cultural da vila e dos seus arredores. Na actualidade conta con arredor de 100 socios de diversas franxas de idade, repartidos nas diferentes disciplinas que se imparten. Persoas con caracteres, personalidades e ideoloxías distintas, pero cun obxectivo común: tocar, bailar e cantar. Ou noutras palabras, promover e ensinar a cultura tradicional galega de xeito ameno e desfrutando da mesma.

MATO VIZOSO. (Sábado 31 de agosto despois da misa das 12.00 horas).

A Banda de Gaitas Mato Vizoso naceu no ano 1988 no seo da Anpa do colexio homónimo da man dun grupo de gaiteiros constituído por 6 nenos de entre 8 e 9 anos e o seu profesor Carlos A. Celeiro Arias Morón. O grupo foi medrando pouco a pouco e a partir de 1992 iníciase o camiño da Banda de Gaitas con actuacións públicas fóra do ámbito escolar, primeiro nas patronais e as parroquias e despois en pobos de toda a provincia. Xa en 1993 inscríbese como asociación e dende ese momento participaron en innumerables encontros, concertos e festivais por toda a Península Ibérica.

AC ANDRADE. (Domingo 1, despois da misa das 12.00).

A Asociación Cultural de Andrade nace dun grupo de pandeireteiras, formado tanto por nenas como por adultos, que comezaron os seus primeiros cantos e repeniques polo curso 1999/2000. Dende ese primeiro curso participaron en diferentes programas. Ao longo do tempo fóronse engadindo as clases de baile tradicional, gaita e linguaxe musical e máis recentemente, percusión brasileira e cantos de taberna. Na actualidade contan con máis dun centenar de alumnos de diferentes idades en todas as actividades. Tamén protagonizaron a experiencia de integrar os ritmos galegos den tro da danza para tentar amosar a multiculturalidade.

MESTURA DE NETE. (Domingo 1, despois da misa das 12.00 horas).

A Asociación Cultural Mestura de Nete deuse de alta formalmente este ano para poder inscribirse e participar en programas como o Musiqueando da Deputación ou en diferentes actuacións como cantos de taberna, procesión, festivais, etc. Dende o 2015 a Asociación de veciños de Nete, que cumpre este ano 25 anos de existencia, organizou clases de música tradicional (pandeireta, baile tradicional, acordeón, gaita, percusión, canto tradicional), e cada ano foi aumentando o número de alumnos ata chegar a preto de 80 persoas nas diferentes disciplinas. Co paso do tempo foise consolidando o grupo de cantos. Todos as semanas ensaian e participan en varios cantos de taberna así como nos Seráns culturais.

BUXOS VERDES. (Sábado 7 setembro ás 12.30 horas)

Buxos Verdes é un grupo de música tradicional que naceu no ano 2001 en Vilalba e que conta na actualidade con 25 integrantes de todas as idades. O que os move a tocar é a súa paixón pola música tradicional galega, desfrutando dela en foliadas, cantos de taberna e festas varias. A música que escoitaremos con eles serán as coñecidas muiñei ras, xotas, rumbas e pasodobres, entre outras.

CERNA DE ÁRBOL. (Domingo 8 na recepción da parroquia de Oleiros).

Agrupación musical Cerna de Árbol xurdiu a raíz da Asociación Cultural e Deportiva da mesma parroquia vilalbesa. Este grupo de música tradicional fundouse despois dun curso de música no que participou algún membro da asociación e como da música desfrutan todos os veciños, despois dun magosto de 2014 decidíronse a crear esta formación. Contan con arredor de 25 compoñentes dos que 12 son nenos de entre 8 e 14 anos e aos que lles encantan a percusión. Malia que coa covid déronse de baixa varios membros, os embarazos dalgúns dos integrantes trouxeron consigo novos compoñentes. Cerna de Árbol participa en diferentes feiras do Concello de Vilalba como a de Artesanía e a do Capón, e por suposto nas súas festas parroquiais e as de algún que outro e pasalo ben. Para actuar contan cos seus propios traxes tradicionais e con polos máis cómodos para xuntanzas máis informais como os Cantos de Taberna.

horario-musica-vilalba-festas
0.16316604614258