O Instituto de Estudos Chairegos organiza o III Concerto de Verán

TerraChaXa
O xoves 22 de agosto, ás 22.00 horas, no Templete da Música de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza o III Concerto de Verán
concerto-de-verán-o-Instituto-de-Estudos-Chairegos
19 Ago 2024

O xoves 22 de agosto, ás 22.00 horas, no Templete da Música de Vilalba, o Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza o III Concerto de Verán no que intervirán o dúo Shera & Sile e o grupo Dúbida. Xa dende as 21.00 haberá sesión de DJSET a cargo de 2Paz & Chilessen Shera & Sile, Duarte e Anxo, son dous artistas e irmáns de Vilalba que comezaron a publicar as súas primeiras cancións de rap no 2020. En plena pandemia, nace o colectivo Breaking Bars, que formaron xunto con outro artista e amigo, G Cavalli (Lois Gayoso). Este proxecto remataría no ano 2023.

É nese mesmo ano no momento que comezan a sacar un maior volume de música de forma máis constante e sempre en conxunto, enfocando o seu traballo dunha forma máis seria e coidada. As súas letras, en galego, fan referencia en moitas ocasións ás súas orixes e vivencias, evidenciando nas mesmas dende os seus sentimentos ata o seu pensamento sobre certas inxustizas sociais.

Entre as súas influencias podemos destacar principalmente o rap español, principalmente o colectivo madrileño Ziontifik, xunto con outras figuras máis recentes como Ergo Pro, Ill Pekeño, Las Ninyas del Corro ou Nico Miseria. En Galiza, fixáronse e sentíronse identificados dende novos coa música de Rebeliom do Inframundo.

Nos seus directos forman equipo xunto a outro vilalbés, 2Paz (Jesu Paz), que os acompaña como DJ durante os mesmos. Dúbida é unha agrupación musical que xorde en outono do 2021, na capital galega. Este proxecto naceu de cinco amigos con ansias postpandémicas de facer música, e de deixar a súa pegada no panorama musical e cultural.

Cada un deles, conta cunha longa experiencia enriba dos escenarios, pasando por diferentes grupos, ata que finalmente, Dúbida consolidouse como a súa filla predilecta. Dende o funk, soul, blues, e bebendo ata do jazz, con temas propios e versións que animan a calquera, ofrecen baile, festa e un estilo único para que non esquezas os seus directos.

0.18103194236755