O ITX informará sobre as axudas este mércores na casa da cultura de Vilalba

TerraChaXa
A reunión terá lugar este mércores, 29 de marzo, entre ás 13 e as 14 horas na casa da cultural de Villaba, dirixida a autónomas e empresas.
xornada mercores transicion xusta vilalba
28 Mar 2023

O Instituto de Transición Xusta, O.A. como órgano responsable da elaboración e implementación da Estratexia Española de Transición Xusta, e tal e como establece o Plan de Actuacións Urxentes da devandita Estratexia, debe abordar o mantemento e a creación de actividade nas zonas afectadas, entre outros, polo peche das centrais térmicas de carbón, como é o caso das Pontes.

O ITX en decembro de 2022 publicou dúas ordes coas bases das axudas que promovan a xeración de novas actividades e a diversificación económica mediante o apoio a novas iniciativas empresariais ou proxectos de investimento que xeren ou manteñan emprego nestas zonas. O 7 e 15 de marzo de 2023 publicáronse as correspondentes convocatorias, que abren o prazo para a presentación das solicitudes.

En base ao anterior, o axente territorial dos Acordos de Transición Xusta en Galicia manterá unha reunión coas empresas que así o consideren para comentar as ordes, co fin de ter unhas bases claras para a elaboración dos proxectos da presentación de propostas para esta convocatoria.

A reunión terá lugar este mércores, 29 de marzo, entre ás 13 e as 14 horas na casa da cultural de Villaba, dirixida principalmente a persoas autónomas e empresas.

O obxectivo é informar dos proxectos susceptibles de recibir unha axuda, así como das axudas a proxectos empresariais.

Para asistir é necesario inscribir primeiro no teléfono 982 501 002.

0.098788976669312