O Korreo B faise coa Copa Federación na quenda de penaltis
O equipo filial do Korreo Guitiriz fíxose coa Copa Federación logo de vencer na final ao Lugo Sala Automoviles Losada B na quenda de penaltis.
Os chairegos dominaron a primeira parte na que colleron unha vantaxe de 0-2, que foi rapidamente eliminada na segunda polo equipo branco, que empatou 9 minutos antes do final e logo o marcador non se moveu máis.
Na queda de penalti, a vitoria foi favorable ao Guitiriz, por 2 tiros o que o converteu no campión de Copa da tempada.
O Korreo venceu ao Puebla na fase de cuartos, cun empate e una vitoria por 6-2 e en semifinais desfíxose do Lusitania, logo de golear no segundo partido, aínda que perdeu o primeiro.
O equipo de Guitiriz completa así unha gran tempada na que rematou a fase de liga regular invicto e na segunda posición da clasificación.