O Korreo Guitiriz FS logra o ascenso a Terceira dúas xornadas antes da final
O equipo de fútbol sala San Xoán de Guitiriz, O Korreo FS, logrou esta fin de semana o ascenso a Terceira División dende o grupo de Preferente Norte.
O seu obxectivo acadouse coa competición aínda sen rematar e tras vencer ao Ourol no último partido. Queda por saber se o fará como campión do Norte o como segundo clasificado pero o ascenso xa está asegurado porque este ano soben dos á seguinte categoría.
O equipo O Korreo fundouse hai catro anos con dous equipos en marcha, un sénior masculino e outro feminino, coa intención de dar saída aos xogadores da base das escolas deportivas que, unha vez esgotado o seu tempo na categoría xuvenil, tiña que marchar da localidade para poder seguir practicando o fútbol sala.
A pandemia fixo dano xa que o equipo feminino acabou desaparecendo tras unha única tempada, pero o masculino reforzouse, de feito agota conta cun filial que milita na liga provincial. En total son 24 as fichas entre os dous equipos sénior o que demostra o tirón que ten este deporte en Guitiriz, onde os equipos da base están situados nas competicións de maior nivel.
O Korreo conta cun equipo humano importante, dirixido por Manuel Martínez como adestrador e pode presumir de ter unha listaxe de xogadores procedentes na súa totalidade de Guitiriz, agás un, que aínda que non é de Guitiriz leva toda a vida xogando nas escolas deportivas locais.
Para o seu adestrador, contan un equipo "que está listo para facer un gran papel o ano que vén en Terceira, xa que con xogadores de moito nivel".
Ao Korreo Guitiriz quédalle unha xornada por disputar, contra o 5 Coruña B, xa que toca descanso na última sesión e aproveitará a ocasión para festexar este ascenso. Contan con facer unha boa festa xa que os partidos do Guitiriz contan cunha gran afluencia de público debido á gran vinculación dos xogadores coa localidade.