O Lago das Pontes acolle un campamento de Semana Santa con actividades náuticas para nenos

TerraChaXa
Entre as actividades programadas destacan rutas en kaiak, paddlesurf con SUP Yoga e Big SUP, navegación en Dragon Boat e xogos na praia
campamento-folixa
8 Apr 2025

O Lago das Pontes será o escenario do Folixa Camp Semana Santa, unha proposta de lecer destinada a nenos e nenas a partir de 8 anos, que se celebrará do 14 ao 18 de abril en horario de 10:00 a 14:00 horas. O campamento, organizado por Náutico Folixa, inclúe diversas actividades acuáticas e xogos ao aire libre para fomentar o contacto coa natureza e o deporte.

Entre as actividades programadas destacan rutas en kaiak, paddlesurf con SUP Yoga e Big SUP, navegación en Dragon Boat e xogos na praia. Ademais, o campamento contará cunha sesión diaria de inmersión en inglés, favorecendo a aprendizaxe do idioma dun xeito dinámico e divertido.

O prezo da actividade é de 64,95 euros, con descontos do 25% a partir do segundo irmán inscrito. O campamento inclúe seguro de responsabilidade civil e accidentes, e ofrece a opción de transporte ata o lago.

As familias interesadas poden obter máis información e realizar a inscrición a través do correo electrónico nauticofolixa@gmail.com ou nos teléfonos de contacto dispoñibles. Esta iniciativa conta co apoio do Concello das Pontes e busca ofrecer unha alternativa de ocio educativo durante as vacacións escolares.

⚙ Configurar cookies
0.16256499290466