O Lago das Pontes contará co primeiro Festival de Barco Dragón o vindeiro sábado

TerraChaXa
O evento contará con competicións nas modalidades DB12 e DB22, nas categorías BCS/ACS, mixto e feminino, así como na espectacular Dragon Boat Battle
festival-folixa
8 Sep 2025

O concello das Pontes de García Rodríguez converterase nun referente do deporte e da convivencia o próximo 13 de setembro ás 9.00 horas coa celebración do primeiro Festival de Barco Dragón no Lago das Pontes. A cita, organizada polo Club Náutico Folixa coa colaboración do Concello, a Deputación da Coruña e a Federación Galega de Piragüismo, dará comezo ás 9 da mañá e reunirá participantes de diversas categorías.

O evento contará con competicións nas modalidades DB12 e DB22, nas categorías BCS/ACS, mixto e feminino, así como na espectacular Dragon Boat Battle. A iniciativa, que combina deporte, tradición e inclusión, terá ademais unha dimensión conmemorativa baixo o lema “Viva la vida”, en apoio á loita contra o cancro.

⚙ Configurar cookies
0.14431595802307