O lago das Pontes acollerá un evento ecuestre o día 29
O lago das Pontes acollerá, o sábado, 29 de abril, a primeira edición do evento “As Pontes Ecuestre”, unha actividade posta en marcha polo departamento de Deportes en colaboración coa Federación de Hípica Galega.
Esta iniciativa ten co obxectivo promocionar a actividade ecuestre na vila, con gran tradición no municipio, potenciando, ao mesmo tempo, a contorna do lago, na que se combinan diferentes tipos de superficies, como escenario idóneo para a práctica de deporte hípico.
A xornada comezará ás 11: 00 horas coa primeira manga do Campionato de Galego de Andadura, proba que se disputará nas modalidades de serrada e chapeada para cabalos de menos e máis de 1,50 mtos. de alzada, para a continuación, a partir das 13:00 horas comezar o Concurso Hípico, proba de saltos de obstáculos na que participarán xinetes e amazonas de clubes hípicos federados procedentes de diversos puntos de Galicia, rematando a xornada da mañá, ás 14:30 horas coa entrega de premios do concurso.
A partir das 15:00 horas dará comenzo Copa Galega de Enganche, disciplina ecuestre moi espectacular con variedade de carruaxes deportivos (sulkies, limoneras e troncos) e sobre ás 17:00 horas disputarase a segunda manga do Campionato Galego de Andadura. Ás 19:00 horas será a queda do acto de entrega de premios de ambas probas.
Finalmente, a veciñanza e público asistente poderá gozar, a partir das 19:15 horas do espectáculo "Duende Ecuestre" no que se mistura unha exhibición de distintas modalidades da doma de cabalo, como a doma clásica, a alta escola, a doma vaqueira ou as rendas longas, con baile flamenco e ballet clásico.
Todas as competicións terán carácter federado e serán xulgadas por oficiais habilitados pola Federación Hípica Galega.