O lago das Pontes lucirá por primeira vez unha bandeira azul

TerraChaXa
Por primeira vez o lago das Pontes foi distinguido coa bandeira azul, a Fundación Europea de Educación Ambiental deu a coñecer a listaxe.
lago as pontes
12 Maio 2021

Por primeira vez o lago das Pontes foi distinguido coa bandeira azul, a Fundación Europea de Educación Ambiental deu a coñecer a listaxe dos areais nos que este verán ondearán a bandeira azul.

Así, o lago artificial máis grande de Europa dispón dunha praia artificial, e foi creado por Endesa para encher o cavouco da mina e finalizouse en abril de 2012. Ten unhas dimensións de 5 quilómetros de longo e unha profundidade máxima de 206 metros.

Galicia logrou 122 bandeiras azuis e España obtivo 713, das que 615 son praias, 96 portos deportivos e dous en embarcacións turísticas sostibles, liderando así o ranking mundial.

Este ano A Mariña contará con 18 bandeiras azuis segundo a información que deu a coñecer a Fundación Europea de Educación Ambiental. Así, todos os concellos da Mariña terán polo menos unha praia con bandeira azul este verán.

Foz foi o que máis distincións conseguiu, xa que con cinco areais a bandeira ondeará en A Rapadoira, Areoura, As Polas, Llas e Peizás. Os seguintes concellos con máis bandeiras son Barreiros e Burela con tres, as de Acantilado-Remior, Coto e A Pasada no concello barreirense e A Marosa, O Portelo e Ril no burelés.

Despois atópase Ribadeo con dúas, As Catedrais e Os Castros-Illas, e O Vicedo con Xilloi e Abrela. Seguidos da praia de O Torno de Cervo, Area en Viveiro e Esteiro en Xove.

0.13258910179138