O lago das Pontes revalida a bandeira azul

TerraChaXa
As Pontes logra, por segundo ano consecutivo, a bandeira azul para a praia do Lago, un distintivo que recoñece a calidade ambiental.
Izado Bandeira Azul_AS_pontes
12 Maio 2022

O Concello das Pontes logra, por segundo ano consecutivo, a bandeira azul para a praia do Lago, un distintivo que concede cada ano a Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (Adeac) e que recoñece, novamente, a calidade ambiental do areal pontés.

Elena López, concelleira de Turismo, amosa o orgullo que para o Concello das Pontes supón revalidar esta distinción xa que “era un reto ao que nos enfrontábamos tras acadar, por primeira vez, a bandeira azul no ano 2021. Implicaba cumplir cuns estrictos criterios ambientais, educativos, de seguridade e accesibilidade e manter uns estándares de calidade. Obter de novo a bandeira azul avala todo o traballo realizado desde diferentes áreas do concello para mantener esta distinción e facer da praia do lago un símbolo de calidade turística”.

A concelleira tamén fixo fincapé en que “esta bandeira azul, de novo, nos sitúa no mapa internacional do turismo, converténdonos nunha das sete praias de augas continentais en toda España que este ano reciben o galardón e sendo a única da provincia da Coruña”

Para revalidar a bandeira azul o Concello das Pontes tivo que enviar no mes de novembro de 2021 unha memoria das activades levas a cabo durante o ano, tanto no ámbito ambiental como no educativo, no da accesibilidade e no da seguridade así como unha proposta de candidatura para o ano 2022, no que se incluían accións de mellora nas infraestruturas e nos servizos.

“Somos coñecedores da repercusión que ten esta distinción, o ano pasado puidemos coñecelo de primeira man, o que nos demostra a importancia de seguir traballando e levando a cabo todas as actuacións necesarias para cumprir cos requisitos que esixe a Adeac para manter este distintivo e continuar potenciando o lago como recurso turístico así como os valores ambientais do noso municipio” engadiu Elena López.

0.19246101379395