O lago das Pontes xa loce bandeira azul
O Concello das Pontes izou onte a bandeira azul na praia do lago, nun acto no que estivo presente a concelleira de Turismo, Elena López xunto con outros representantes do goberno local.
Con esta distinción, o lago das Pontes convértese na primeira praia interior da provincia da Coruña e a segunda de Galicia en recibir este galardón e nun símbolo de eco-calidade turística recoñecido en máis de sesenta países de todos os continentes.
Este distintivo acredita a calidade das augas e das instalacións e serivizos que se ofrecen ás persoas usuarias e compromete ao Concello das Pontes a manter uns estándares de calidade baseados nun estritos criterios ambientais, educativos, de seguridade e accesibilidade que supoñen unha garantía para toda a veciñanza e para as persoas visitantes que se achegan ata a praia do lago.
Elena López, concelleira de Turismo, amosou a súa satisfacción pola obtencion deste galardón “que sitúa a As Pontes no mapa do turismo internacional e e sinónimo do traballo ben realizado en materia de seguridade e medidas medio ambientais”.
Para acadar estar bandeira azul o Concello das Pontes tras amosar o seu interese nesta acreditación e recibir a visita unha inspectora da Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (Adeac), presentou, no mes de novembro de 2020 a candidatura oficial acompañada dun dossier xustificativo da súa proposta así como unha completa memoria de actividades e información sobre a praia do lago. A partir deste concesión, a praia do lago de As Pontes deberá someterse a un esixente protocolo de seguimento e avaliación.
“Desde o Concello das Pontes levaremos a cabo todas as actuacións necesaria para cumprir con todos os requisitos que esixe a Adeac para manter este distintivo que avala a importancia de potenciar o noso lago como recurso turístico e os valores medio ambientais do noso municipio”, subliñou a concelleira de Turismo.