O lago de As Pontes acolle a cuarta edición da Samurai Xtreme Race
O Lago das Pontes acollerá, o domingo 7 de xullo, a cuarta edición da carreira de obstáculos, Samurai Xtreme Race na que se darán cita máis de 1.000 corredores procedentes de múltiples puntos da Península Ibérica.
Esta mañá, o responsable da Concellería de Deportes, Chico Tembrás e a responsable da concellería de Turismo, Consumo, Hostalería e Comercio, Elena López, participaron xunto con Jose Rodríguez, presidente do club Samurai Xtreme Race y José Manuel Ferro de Reale Seguros, na presentación da única proba puntuable para o campionato nacional e europeo de careiras de obstáculos que se celebra na provincia da Coruña.
Durante a presentación da proba, Chicho Tembrás agradeceu á organización e voluntarios a súa dedicación e esforzo que fai posible que está cita se consolide no calendario deportivo do municipio e aproveitou para animar ós veciños e visitantes a “achegarse o domingo ó lago de As Pontes para gozar dun espectáculo que promove valores asociados á práctica deportiva; traballo en equipo, disciplina e o afán de superación, aspectos esenciais na sociedade actual”.
Pola súa banda, Elena López, salientou a importancia da proba “para dar a coñecer o Lago e as posibilidades que ten para a práctica do deporte e o ocio, promovendo a colaboración entre as entidades deportivas locais polo que seguiremos apostando por este tipo de eventos deportivos, desexando que cada vez haxa máis presenza e participación local”.
A proba, considerada como carreira de obstáculos extrema, desenvolverase, na súa totalidade, na contorna do lago. Ten una distancia de 9 quilómetros e inclúe máis 42 obstáculos, tanto naturais como artificiais, tales como valos, bidóns, charcos, paso sobre pirámides de madeira, muros, tobogán, aramados, escaleiras, trincheiras de barro, lume, arrastres ou monkey bars.
Os primeiros participantes sairán ás 11.00 horas, dando inicio á tandas elite OCRA nas que competirán os corredores das ligas de carreiras de obstáculos nacionais e a tanda elite. A partir das 12.00 disputaranse as tandas populares nas que tomarán a saída máis de 800 corredores que se inician nesta práctica deportiva e que buscan pasar un bo rato e poñer a proba as súas capacidades físicas.
A proba repartirá tres premios entre os mellores corredores das tandas elite OCRA e elite, nas categorías masculina e feminina, tres premios para os mellores equipos Elite e Populares así como un premio para o club con maior número de participantes. Este ano, como novidade, e co obxectivo de promover o carácter festivo da proba, haberá un premio de 150 euros ao mellor disfraz, cortesía de Reformas Josema.
De forma paralela á competición, celebrarase a Samurai Xtreme Race Junior Reale Seguros, unha carreira de obstáculos infantil na que participarán nenos con idades comprendidas entres os 5 e os 15 anos. Trátase dunha carreira solidaria na que o importe das inscricións irán destinadas á Fundación Curemos o Párkinson.
A carreira, patrocinada polo Concello de As Pontes, A Deputación da Coruña, Reale Seguros, Eroski, Caeiro, Rilo, Powerade y Rock FM, rematará sobre as 14:00 horas cunha comida con corredores, acompañantes, voluntarios e organización.