O Lago DVSport organiza esta fin de semana o torneo de fútbol sala para a base

TerraChaXa
Máis de 400 nenos e nenas de 41 equipos participan neste evento deportivo que reúne nas Pontes a 9 clubs
torneo-futbol-sala-lago-dvsport
Cartel do torneo
6 Xuño 2024

O IV Torneo Futsal Base Lago DVSport volverá celebrarse esta fin de semana con máis de 400 nenos e nenas de 41 equipos.

Está prevista a participación de 9 clubs e a celebración de 73 partidos para todas as categorías do fútbol base agás a xuvenil, desde os máis pequenos, os biberóns, ata os cadetes.

Convivencia e deporte que farán das Pontes a capital do futsal base o venres 7, sábado 8 e domingo 9 de xuño nos pavillóns Municipal e Monte Caxado.

Colabora neste actividade ademais dos organizadores, o Concello das Pontes, a Deputación da Coruña, Xunta de Galicia e a RFGF.

0.1371021270752