O Lar do Acivro en Muimenta acolle a oito rapaces tutelados
TerraChaXa
No Lar de Acivro de Muimenta os oito mozos e mozas tutelados pola Xunta que acolle realizan actividades que garanten a súa estabilidade.
29 Xul 2021
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou a Casa de Familia, da Asociación Fogares LAR, en Muimenta. Neste centro os oito mozos e mozas tutelados pola Xunta de Galicia que acolle realizan actividades que garanten a súa estabilidade e tamén o seu futuro máis próspero.
Durante a súa visita, o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica aproveitou para coñecer as actividades que desenvolven diariamente os educadores, que dedican a súa xornada a formar aos máis novos e a inculcarlles valores de educación ou ocio saudable, pero sobre todo familiares.