O Lar ofrece un menú para levar para estas festas

TerraChaXa | AMariñaXa
23 Dec 2020

A situación sanitaria pola covid-19 obrigou este ano a que a hostalaría se tivera que reinventar para sobrevivir.

En Foz, o restaurante O Lar comezou a cociñar comida para levar, facendo fronte á complicada situación que sofre o sector.

Agora, este servizo incorpora tamén as ceas e comidas de Nadal. O local mariñao oferta, ademais da súa carta habitual, pratos especiais para estas festas como zarzuela de pescados e mariscos, rabo de vaca en salsa de boletus e bacallau sobre cama de grelos, entre outros.

Para fin de ano, teñen preparado un menú especial composto por carpaccio de boi, parrillada de moluscos e vilalbos, merluza reenchida de gambas e ourizo, cocktail de mojito, solombo de tenreira Wellington e torta de turrón, por un prezo de 50 euros por persoa.

O Lar, ubicado na Praza Conde de Fontao, fai as reservas mediante o seu número de teléfono: 982140433.

0.18958497047424