O Local Social Escola de Pino, en Cospeito, acolle clases semanais de pandeireta para nenos e adultos

TerraChaXa
A formación celébrase os sábados e está dirixida pola profesora Lucía Río
COSPEITO clases pandereta
15 Nov 2025

A Asociación Recreativo Cultural de San Martiño de Pino vén de anunciar a posta en marcha dun programa de clases de pandeireta que se desenvolverá cada sábado no Local Social Escola de Pino. A iniciativa procura dinamizar a vida cultural da zona e fomentar o coñecemento da música tradicional galega entre persoas de diferentes idades.

As sesións estarán conducidas pola profesora Lucía Río e dividiranse en dous grupos: o de adultos, que terá lugar de 11.00 a 12.00 horas, e o infantil, programado de 12.00 a 13.00 horas. A actividade conta cun prezo mensual de dez euros para socios e quince euros para non socios.

Desde a entidade organizadora destacan que se trata dunha oportunidade para achegarse á pandeireta dun xeito ameno e participativo, e animan á veciñanza a inscribirse para preservar e difundir o patrimonio musical galego.

⚙ Configurar cookies
0.068846940994263