O loitador José Cuba non puido clasificarse directamente para Tokio 2020

TerraChaXa
O loitador José Cuba non puido clasificarse para Tokio 2020 xa que caeu nas roldas de clasificación que estanse a disputar na capital kazaja de Nur Sultan e onde os mellores loitadores do mundo buscan acadar as primeiras prazas para os Xogos de Tokio 2020.
O loitador José Cuba non puido clasificarse directamente para Tokio 2020
23 sep 2019

O loitador José Cuba non puido clasificarse para Tokio 2020 xa que caeu nas roldas de clasificación que estanse a disputar na capital kazaja de Nur Sultan e onde os mellores loitadores do mundo buscan acadar as primeiras prazas para os Xogos de Tokio 2020.

No caso do loitador vilalbés terá que esperar ao mes de marzo para ter outra oportunidade de clasificarse para Tokio 2020 xa que caeu ante o austriaco Johannes Ludescher por 4 puntos a 0. O austriaco fixo o mesmo caendo en oitavos ante o sirio Badzha Khutaba o que deixaba ao vilalbés fóra das eliminatorias de repesca para loitar polas medallas e polo tanto sen posibilidades de acadar un dos 6 primeiros postos que outorgaron o pasaporte directo para Tokio.

Na súa categoría acabou domiñando o georgiano Geno Petriashvili que venceun na final ao turco e campión olímpico Taha Akgul. Os bronces foron para o uzbeco Rakhimov e o ucraniano Khosianivskyi que venceron na repesca ao chino Deng e o sirio Khutaba. Estes 6 loitadores atópanse clasificados para Tokio polo que o vilalbés xa non terá que enfrontarse a eles nas seguintes probas clasificatorias aumentando as súas posibilidades de cara ao soño olímpico.

Do resto do equipo español destacaron a galega Lydia Pérez que a pesares de gañar a primeira rolda ante a represente neozelandesa non puido seguir na competición ao perder ante a sueca Johansson. Friev en menos de 86 kg foi o máis preto estivo de meterse nos postos olímpicos puidendo conseguilo de non ser pola inesperada derrota ante o austriaco Reichmond despois de ter gañado a varios dos favoritos da categoría.

Para Cuba agora toca regresar a casa e tomar dúas semanas de recuperación antes de retomar o programa preparatorio para os torneos clasificatorios que comezarán en marzo xa do próximo ano 2020, programa no que xa están a traballar os técnicos do club xunto coa nova directiva e que basearase no contacto con deportistas estranxeiros para mellorar a competitivade.

0.099151849746704