O Alfoz logra o ascenso a Segunda Autonómica

TerraChaXa | AMariñaXa
3 Abr 2019

O CD Alfoz conseguiu o ascenso a Segunda Autonómica tralo remate da Liga en Terceira. O conxunto mariñao logra o cambio de categoría tras finalizar como líder do grupo Norte por diante do Muimenta, que malia ascender, tamén perdeu o primeiro posto da táboa en favor do Alfoz tras liderala case toda a tempada.
O Alfoz retorna a Segunda tras un ano nesta categoría e tras unha gran tempada na que sumou 16 vitorias, tres empates e tres derrotas. O conxunto puido festexar o ascenso unha semana antes de rematar a Liga.
Outro equipo mariñao, o Celta Barreiros, fíxose coa última praza dispoñible para disputar os play off  de Terceira Autonómica do grupo Norte tras derrotar pola mínima e tras un intenso e igualado partido ao Rioaveso (3-2).
O Celta foi o primeiro en adiantarse no marcador pero o Riaveso non o deixou ir en ningún momento. Finalmente o gol de Aaron foi o que lle valeu o pase. Catro Roldas, Milagrosa e Matela disputarán ao equipo da costa un posto máis para Segunda.
En Segunda, o Folgueiro conserva unha semana máis o liderado do grupo Norte a falta de catro xornadas para o remate da Liga e agarda poder festexar o antes posible o paso a Primeira.
A outra das prazas de ascenso é neste momento para o Lourenzá, que se impuxo no Viñas da Veiga ao Mondoñedo. Os equipos mariñaos na categoría continúan en postos de seguridad, como é o caso do propio Mondoñedo, Iberia e Candelaria. O Valadouro, pola súa conta, deberá impoñerse nos próximo encontros para evitar o descenso.
En Primeira Autonómica Burela, Xove Lago e Riotorto teñen xa asegurada practicamente a súa continuidade na categoría mentres que o Pontenova é xa equipo descendido mentres que San Ciprián están na corda frouxa.

0.064108848571777