O Lugo Numismático inclúe unha visita a Meira
A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, inaugurou no Museo Provincial o Lugo Numismático 2018, que este ano celebra a súa quinta edición. O programa, que reúne a historiadores, expertos e profesores en torno a ciencia que estuda as moedas, inclúe por charlas, conferencias e unha visita guiada a Meira. Na presentación participou o organizador e Presidente da Asociación Numismática Val de Ariz de Láncara (ANVAR), Pablo Núñez, quen agradeceu a implicación da Deputación e do Museo Provincial na promoción deste evento.
García Porto remarcou a importancia de Lugo Numismático 2018 “esta cita é unha boa oportunidade para coñecer e recoñecer a nosa historia mediante as nosas moedas. Ademais, este museo alberga moitas pezas importantes da numismática galega, por iso consideramos que era o lugar ideal para celebralo”.
A Deputada explicou que este encontro achega ao público charlas e conferencias que enriquecen a formación dos afeccionados da numismática a descubrir novos segredos, como por exemplo as pesas monetarias do s.XV, ou mesmo a moeda máis violenta do Baixo Imperio Romano e as súas peculiaridades, así como un Obradoiro numismático para recoñecer moedas falsas, entre outros.
“Moneda medieval gallega”
Pablo Núñez presentou o seu libro “Moneda medieval gallega”, unha edición que abarca toda a moeda de Galicia desde o século V ao século XV, isto é o seu período medieval, reflectindo 250 tipos e máis de 600 variantes, sobre un total de 2000 moedas estudadas. Practicamente a metade destas series galegas son de rareza extrema, contabilizándose os exemplares coñecidos, o seu paradeiro, e imaxe de todos os existentes.
A gran novidade radica en que é un catálogo comentado, especialmente útil para o arqueólogo, numismático e investigador. Esta edición está prológada por Antonio Roma Valdés, un dos máximos expertos en moeda castelán-leonesa, e péchase cunha análise metalográfico de 59 exemplares, unha análise cuantitativa cun rexistro de case 2000 moedas, gráficos de proporcións, etc, documentación gráfica, e finalmente unha selección bibliográfica.
Programa
VERNES, 6 DE ABRIL
Museo Provincial de Lugo
10:30 h. Inauguración.
10:45 h. Presentación do libro Moneda medieval gallega, catálogo comentado, polo autor Pablo Núñez Meneses.
12:15 h. Charla “Pesas monetarias en el siglo XV“, a cargo de Pablo Rueda Rodríguez-Vila, comité científico OMNI.
12:45 h. Charla "Simboloxía románica na moeda plenomedieval leonesa e castelá", ao cargo de Antonio Roma Valdés, doutor en Historia.
13:15 h. Quenda de preguntas.
13: 45 h. Descanso. Xantar social en Restaurante-Parrillada Casa Marcos (Lugo).
16:15 h. Charla “A moeda máis violenta do Baixo Imperio Romano e as súas peculariedades", a cargo de Bernardino Fernández Casas, director de monedasdelbajoimperio.com
16:45 h. Charla “Fichas publicitarias galegas“, por Antolín Zapiraín Fernández“, director de monedasgallegas.com
17:15 h. Charla “Catalogación de moeda galega, Alfonso XI”, a cargo de Antón Rey Sáa, investigador independente.
17:45 h. Descanso.
18:00 h. Obradoiro numismático, aberto ás preguntas do público: identificación de moedas falsas, variantes, piefortes, etc.
SÁBADO, 7 de abril
Meira, Lugo
11:00 h. Saída de Lugo cidade (Praza Bretaña) en bus gratuito (previa inscripción en nn.coins@gmail.com).
11:45 h. Visita guiada a Meira: Igrexa de Sta. María, Consistorio, Capela de San Isidro, etc.
13:00 h. Charla: “Ouro baixomedieval galego, rareza e coleccións especializadas“, a cargo de Pablo Núñez Meneses, doutor en Historia.
13:30 h. Xantar social en Restaurante O Muíño.