O Mago Antón encherá Baamonde de maxia
A maxia invadirá o este sábado 4 de setembro o Concello de Begonte. Así pois, o Mago Antón será o encargado de traer a maxia, a ilusión e o descoñecemento á praza de Baamonde, onde se celebrarán oito funcións. A primeira será ás 12.00 horas, a segunda será ás 13.00 e despois ás 17.00, 18.00, 19.00, 20.00. 21.00 e 22.00 horas.
O espectáculo denomínase A volta a Galicia en 313 Concellos e comezou cando o Mago Antón, no 2018, emprendeu unha nova aventura no magomobil coa idea de achegar a maxia a todos os concellos de Galicia. Estas representacións suelen estar limitadas cun máximo de 70 espectadores por función e están dirixidas a todos os públicos.
Unha actuación que traerá ilusión e humor nunha xornada diferente, chea de maxia para que os máis pequenos e os maiores disfruten dun espectáculo que chega a todos os recullos de Galicia.