O Mago Antón encherá Castro de Rei de maxia

TerraChaXa
Varias funcións de maxia invadirán o vindeiro domingo 15 de agosto o Concello do Castro de Rei grazas ao mago Antón.
mago anton volta a galicia en 313 concellos
13 Ago 2021

A maxia invadirá o vindeiro domingo 15 de agosto o Concello de Castro de Rei. Así pois, o Mago Antón será o encargado de traer a maxia, a ilusión e o descoñecemento á carballeira de Castro, onde se celebrarán catro funcións. A primeira será ás 12.00 horas, a segunda será de 13.00 e despois ás 17.00 e ás 19.00 horas. Tamén se poderá desfrutar na praza Maior de Catro de Rei ás 22.00 e 23.00 horas.

O espectáculo denomínase A volta a Galicia en 313 Concellos e comezou cando o Mago Antón, no 2018, emprendeu unha nova aventura no magomobil coa idea de achegar a maxia a todos os concellos de Galicia. Estas representacións suelen estar limitadas cun máximo de 70 espectadores por función e están dirixidas a todos os públicos.

Unha actuación que traerá ilusión e humor nunha xornada diferente, chea de maxia para que os máis pequenos e os maiores disfruten dun espectáculo que chega a todos os recullos de Galicia.

0.13557505607605