O Mago Deimi actúa este xoves en Guitiriz

TerraChaXa
Como parte das actuacións de Cultura no Camiño, o Mago Deimi visitará o Concello de Guitiriz este xoves cun novo espectáculo.
mago deimi cartaz guitiriz oprtada
mago deimi cartaz guitiriz oprtada
17 Ago 2022

Como parte das actuacións de Cultura no Camiño, o Mago Deimi visitará o Concello de Guitiriz este xoves.

Trátase dun obradoiro de maxia e espectáculo que leva por título Apren-deime e terá lugar o 18 de agosto ás 19:00h na praza do Campo da Feira.

O Mago Deimi ofrece un espectáculo de maxia moi variada e divertida onde predomina o seu dinamismo cun estilo cómico e desenfadado. Tamén cabe destacar a variedade de xogos de maxia: cartomaxia, manipulación, escapismo, mentalismo, maxia bizarra, levitacións, aparicións, maxia con lume, desaparicións, transformacións, etc.

E todo acompañado de moi bo humor, música de fondo para marcar o ritmo da maxia e a participación activa do público.

mago deimi cartaz guitiriz
0.11373209953308