O Mago Rafa estará este sábado na praza de Santa María

TerraChaXa
Englóbase no ciclo de actuacións dentro do programa Emprazadas
actuacion-de-mago-rafa-emprazadas
Cartel
19 Xul 2024

A iniciativa Emprazadas traerá á praza de Santa María de Vilalba o espectáculo do Mago Rafa para desfrute de grandes e pequenos.

A actuación enmárcase na xira Abracadabra e é unha combinación de ilusión, xogos inexplicables e humor que serven como fío condutor nunha función onde público, maxia e humor son protagonistas.

Será este sábado, 20 de xullo ás 20:30 horas.

0.12318205833435