O mago Tato ofrecerá un espectáculo de mentalismo en Abadín o 11 de xullo

TerraChaXa
A entrada será de balde e permitirá ao público desfrutar dunha tarde de maxia e ilusión
mago-teto
9 Jul 2025

O salón de actos do Concello de Abadín acollerá o venres 11 de xullo, ás 20:30 horas, unha actuación do mago Tato, que presentará un espectáculo de mentalismo aberto a todos os públicos.

A entrada será de balde e permitirá ao público desfrutar dunha tarde de maxia e ilusións nun evento co que o Concello de Abadín continúa coa súa programación cultural de verán.

O mago Tato, coñecido polas súas habilidades para a maxia de cerca e a manipulación mental, ofrecerá un espectáculo participativo e dinámico, no que sorprenderá á veciñanza con xogos de cartas, predicións e demostracións de mentalismo, garantindo unha actividade de ocio accesible para todas as idades no municipio.

⚙ Configurar cookies
0.13922691345215