O magosto Cal da Loba de San Martiño de Pino amplíase
A Asociación Recreativa Cultural de San Martiño de Pino retoma este ano o Magosto Cal da Loba para celebrar o día 22 deste mes a segunda edición do mesmo con máis actividades.
Este magosto contará cun amplo programa de actividades que se iniciarán ás 10.30 horas e que comezarán cunha andaina dende a escola do Mato ata o castelo de Caldaloba coa vestimenta de época. Os participantes recibirán o título honorífico Constanza de Caldaloba. Esta distinción tamén será entregada a título póstumo a Darío Xohán Cabana.
Ao finalizar, tralo saúdo dos organizadores encargase da lectura do pregón, a escritora e artista Andreia Costas, gañadora do I Certame de Caligramas Constanza de Castro. A continuación, terá lugar a entrega de premios do Certame de Debuxo Infantil A túa Caldaloba e do Certame de Caligramas Constanza de Castro, ambos foron convocados en colaboración con Culturalia GZ e Caldaloba.es co fin de reivindicar a relevancia histórica e cultural da Torre.
Suso Pena Regueiro será o encargado de facer unha introdución sobre a historia e os últimos achados do castelo e a parroquia e dará paso ao recital poético no que participará a preogeira, así como Beatriz Dourado e Daniel Irimia.
Rematarán a mañá con música tradicional a cargo do cuarteto Sementeira Sons da Chaira.
Este ano si haberá xantar medieval, con cocido de época que consistirá en sopa de cocido, cocido completo, postre, pan, bebidas e café.
Pola tarde actuarán las pandereteiras de Caldaloba, haberá música para nenos con Orquestra Cé Pantasma: A Voar e un xogo infantil de busca do tesouro.
Así mesmo representarase a obra teatral Contos nunha lareira de Pino, por José Manuel Pena Regueiro.
A xornada finalizará co magosto, no que haberá ademais das castañas, viño e auga, todo amenizado con música tradicional.
Para participar no xantar e no magosto haberá que anotarse previamente cos membros da asociación antes do 16 de outubro. O prezo será de 25 euros para os socios e de 30 para os non socios tanto sumando as dúas comidas. Os que queiran só magosto deberán aboar 5 euros.